Eixo 8: somos feministas e defendemos a igualdade

  • Un PSdeG que garanta no seu seno a igualdade entre mulleres e homes
  • Un PSdeG que se defina e se sinta un partido feminista
  • Un PSdeG comprometido en trasladar á axenda institucional a exixencia inaprazable da igualdade real entre mulleres e homes
  • Avanzando e perfeccionando a paridade nos ámbitos político, sindical, institucional, social e económico
  • Defensa da capacidade económica e da liberdade individual das mulleres
  • Creación dun Consello de Participación Feminista con representación das áreas de igualdade territoriais do partido e representantes socialistas das institucións
  • Un PSdeG que aposte pola paridade como criterio xeral nos órganos e nas candidaturas do partido
  • Un PSdeG que defenda a igualdade salarial como elemento fundamental da igualdade entre homes e mulleres
  • Un PSdeG que contribua e participe nas reivindicacións feministas
  • Un PSdeG que promova a educación en igualdade a todos os niveis
  • Un PSdeG que participe na elaboración de políticas e accións para erradicar a violencia de xénero
  • Un PSdeG con programas específicos para a formación e a calidade de vida en igualdade para as mulleres
  • Un PSdeG comprometido coa igualdade de dereitos das persoas LGTBI
  • Un PSdeG que loita contra a homofobia

434313681_166056