Eixo 6: Somos democráticos e participativos

  • Un PSdeG no que o voto individual e secreto da militancia potencie a democracia participativa na nosa estructura representativa
  • Un PSdeG que regule e garanta a neutralidade e igualdade de oportunidades nos procesos de elección interna, primarias, etc.
  • Un PSdeG no que aparato e os cargos públicos respeten o voto libre e autónomo dos afiliados
  • Un PSdeG que establezca un comité de garantías/ética operativo, imparcial e efectivo
  • Un PSdeG que garanta que a militancia teña liberdade de conciencia, expresión, discusión e voto
  • Un PSdeG no que a opinión pública dos cargos e militantes se manifeste con liberdade e lealdade, evitando e controlando excesos
  • Un PSdeG que regule e fomente as consultas a militancia sobre alianzas pre ou postelectorales
  • Que establezca e potencie grupos sectoriais estables, abertos a simpatizantes, para o debate e xeración de ideas
  • Que conte cunha Secretaría de Formación, que programe unha gama de cursos a desenvolver en distintas zonas do país
  • Un PSdeG que teña unha Secretaría de Estudios e Programas moi interconectada con institucións, sensibilidades e actores da esquerda
  • Un PSdeG no que as distintas executivas e órganos rindan contas da súa xestión e expoñan os seus programas e obxectivos para o ano vindeiro ante a militancia
  • Un PSdeG que establezca a figura do defensor do militante, á cal poda dirixirse calquera militante que vexa vulnerados os seus dereitos e garantías
  • Un PSdeG que conte cunha Secretaría de Participación da militancia na executiva nacional
  • Un PSdeG que aplique na práctica o límite de duración do mandato das xestoras para evitar a perpetuación dun órgano excepcional
  • Un PSdeG que implante a explicación da xestión e rendición de contas periódica dos cargos institucionais á militancia

IMG_20170926_134703