Eixo 5: Compromiso medioambiental. Somos verdes

  • Consideramos o ecoloxismo como un componente esencial do socialismo actual
  • Un PSdeG comprometido coa riqueza natural galega e o noso medioambiente
  • Un PSdeG que priorice a sostenibilidade como eixo transversal das nosas políticas
  • Un PSdeG que articule o respecto ao medio ambiente como dereito e principio reitor da política social e económica
  • Un PSdeG que desenvolva unha lei de cambio climático que alinee as políticas públicas para respostar ao desafío do cambio climático
  • Un PSdeG que diseñe unha estratexia forestal que, sin perder de vista a dimensión económica do monte, preserve a súa dimensión medioambiental
  • Un PSdeG que evite a proliferación indiscriminada de especies alóctonas e o monocultivo forestal, promovendo aproveitamentos alternativos e diversificación do monte
  • Un PSdeG que combata o deterioro das nosas rías, fonte singular de riqueza económica, biolóxica e cultural, desenvolvendo plans integrais e efectivos de rexeneración
  • Un PSdeG que reforce a protección dos ríos e dos bosques de ribeira como ecosistemas esenciais e corredores biolóxicos
  • Un PSdeG que fomente a valorización e modernización do agro galego como mellor garantía da súa protección, considerando a agricultura ecolóxica como sector estratéxico
  • Un PSdeG que promova un plan integral para dinamizar a economía da poboación residente en espacios protexidos
  • Un PSdeG que mellore o modelo de xestión das reservas mariñas galegas e garanta a superficie protexida
  • Un PSdeG que cree unha Secretaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente na CENG
  • Un PSdeG que fomente a adopción de enerxías limpas e medidas de transición ecolóxica nas institucións das que forme parte
  • Un PSdeG que fomente a educación ambiental e a implicación das empresas na protección do medio

435501750_13922