Eixo 10: O protagonismo da Xuventude

  • Un PSdeG comprometido co presente e o futuro das xeracións máis novas de galeg@s
  • Un PSdeG que cree un plan de formación e debate dirixido aos compañeir@s mais nov@s dentro da escola de formación
  • Un PSdeG que aposte por un plan de acción conxunta e cooperativa coas XSG nos ámbitos de interacción necesarios
  • Un PSdeG que fomente a participación e o protagonismo d@s galeg@s máis nov@s na vida política do partido
  • Un PSdeG que aposta pola educación pública e de calidade e apoia con bolsas a igualdade de oportunidades
  • Un PSdeG que impulse conxuntamente coas organizacións sociais a reforma da Formación Profesional para mellorar a inserción laboral d@s moz@s propoñendo novas titulacións que se adecúen ás demandas do mercado de traballo
  • Un PSdeG comprometido coas políticas que posibiliten a emancipación e o dereito á vivenda á xente nova
  • Un PSdeG que priorice un Plan de Emprego para as mozas e mozos, co obxectivo de combater o éxodo de xente nova e poñendo as medidas necesarias para que poidan ter unha oportunidade de traballo en Galicia
  • Un PSdeG que cree un espazo universitario de debate e aquelas accións en coordinación coas XSG que podan impulsar a nosa conexión universitaria
  • Un PSdeG activo na incorporación de xente moza á militancia socialista