Viaxe a Bruxelas

Na última semana de xuño, Xoaquín Fernández Leiceaga, presidente do PSdeG e voceiro  no Parlamento de Galicia,  e máis  eu  viaxamos a Bruxelas para manter unha serie de reunións cos responsables da política rexional da Unión Europea, porque Galicia é unha rexión de referencia pola súa especificidade cultural, identitaria e lingüística, e isto ten que ser posto en valor no Comité das Rexións cun papel máis activo de liderado e de propostas.

Podedes ler aquí uns resumos desas xornadas:

Gonzalo Caballero inicia unha axenda europea para “levar aos órganos de decisión os problemas de Galicia”, mentres Feijóo está “noutras cuestións” 

Gonzalo Caballero insta á Xunta a “traballar” para que a suba dos fondos de cohesión repercuta en Galicia porque Feijóo está “desaparecido” na UE

Gonzalo Caballero pide en Bruxelas “un gran pacto” para “revitalizar” a demografía nas rexións europeas máis envellecidas

 

 

 

 

Reclamando unha sanidade pública gratuita de calidade e de proximidade

No día de hoxe reunímonos cos membros da xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense que permanecen pechados dende hai seis días para protestar contra a política sanitaria da Xunta.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Feijóo ten que atender o clamor da cidadanía, porque os recortes que está levando adiante causan efectos perversos nos galegos.

Fronte aos avances que se teñen experimentado durante a etapa de goberno dos socialistas, Feijóo está botando atrás todas esas melloras e ese progreso. Como exemplo, actualmente o servizo de hemodinámica do CHUO só funciona unhas poucas horas ao día.

Por eso reclamamos unha sanidade pública de calidade e de proximidade.