Socialismo Galego. A revista dos e das socialistas de Galicia

No primero Comité Nacional Galego celebrado despois do 13º Congreso Nacional do PSdeG, cumprindo o compromiso que asumín de dinamizar a vida interna da nosa organización, presentamos a publicación “Socialismo Galego. A revista dos e das socialistas de Galicia”.

Este número 0 trátase dunha iniciativa que ten vontade trimestral e que aspira a converterse nun medio para difundir as nosas propostas, ideas e valores; así como a actividade do PSdeG nesta nova etapa que vimos de encetar.

Esperamos que sexa un instrumento útil de comunicación, no que se vexan recollidas as nosas inquedanzas e iniciativas, en definitiva o noso traballo a prol de dar solución os problemas e arelas dos galegos e galegas.

Déixovos aquí un exemplar  REVISTA_PSDEG_web

E tamén podedes lelo picando na imaxe

Comité Nacional Galego

 

Hoxe o PSdeG celebrou o seu Comité Nacional Galego que non se reunía desde hai dous anos. Era convinte facelo e fixémolo en canto os seus membros foron elexidos nas agrupacións locais.

Impulsamos un partido màis forte como alternativa á dereita, e así o espuxen na miña intervención. Recuperamos o debate e aprobamos por aclamación resolucións políticas en defensa das pensións dignas, a sanidade pública, a igualdade entre homes e mulleres, e dos/as  traballadores/as na xustiza.

Tamèn reprobamos a Feijoo pola súa falta de sensibilidade municipal frente ao acordo que permite que os concellos podan utilizar os aforros cando están saneados, liderado polo presidente da FEMP.

E tamén por aclamación cubrimos os postos da executiva e aprobamos a comisión nacional de listas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Moi bo ambiente. Un partido de militantes ao servizo de Galicia.

Grazas a todas e todos polo voso apoio.

________________________________

*Todas as fotos deste CNG podedes velas na miña páxina de Facebook

Sen xente nova, Galicia perde

Un país que se queda sen xente nova non é un país que vaia ben. Nin que poida garantir a sustentabilidade do seu modelo a longo prazo.

Se non cambiamos, a Galicia do século XXI terá menos xente e, en todo caso, máis maior. As taxas de natalidade e fecundidade son especialmente baixas e, a medida que a pirámide se invirta, as galegas terán máis anos e menos capacidade de ter fillos. Mentres, é moita a xente nova que busca o futuro fóra do país, polo que nacen moitos menos nenos en Galicia que hai pouco tempo.

Por iso necesitamos un impulso demográfico en clave de país para as próximas décadas, e isto non se pode arranxar simplemente cunha lei. Fai falla diagnóstico e visión estratéxica para mudar a evolución demográfica, e aí a política vai ter que xogar un papel clave como factor de cambio do modelo económico, social e laboral. Ou cambiamos, ou perecemos.

Temos que apostar por outro modelo económico e social, que estea ao servizo da cidadanía e que incentive a natalidade, valorando (e primando) socialmente o feito de ter fillos. Trátase dun modelo económico e laboral que posibilite economicamente á cidadanía ter descendencia, e de tomar decisións políticas que favorezan a natalidade.

Haberá que asumir que ter fillos é unha necesidade para o futuro do país, pero para iso temos que impulsar un modelo económico e laboral que permita emprego e salarios dignos, e tamén políticas sociais que apoien decididamente a quen teñen fillos. En definitiva, para un impulso demográfico necesitamos política económica activa, política de medio rural e políticas sociais que favorezan que a xente nova se poida quedar en Galicia e ter fillos en condicións dignas, e contar cun estado do benestar que apoie esa decisión cos servizos públicos.

Necesitamos un novo modelo económico e social para unha Galicia máis dinámica, tamén no eido demográfico. Unha Galicia con futuro permitirá aos máis novos quedar no país e ter fillos, e incluso abrirse a xente nova doutros países ou doutras zonas de España. Para que en Galicia haxa futuro.

_________________________________

*Artigo publicado en La Voz de Galicia o 26/02/2018

Suso Mosquera, un exemplo

Un país faise co impulso e o compromiso da súa xente. E Suso Mosquera fixo país en Galicia a través do seu compromiso cos dereitos e a defensa dos intereses dos traballadores. Cando ese compromiso perdura durante décadas e se fai constante coa vocación de loitar polas causas xustas, merece o recoñecemento de todos.

Durante 25 anos, Suso foi secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores en Galicia, e ao sindicato dedicoulle vida e esforzos. Nunha Galicia con desemprego estrutural, con salarios e pensións máis baixos que na media do Estado, cunha fenda salarial entre homes e mulleres, precariedade laboral… Necesitamos compromiso e políticas polo emprego de calidade. E cando o traballo sindical non recibe a valoración social que merece, Suso é e será recoñecido como un sindicalista de referencia, con capacidade e compromiso social, dos que son tan necesarios.

Tamén o PSdeG-PSOE foi a súa casa. Falei con el no outono pasado para lle agradecer o apoio que me deu nas primarias galegas, e logo invitámolo para que falase na apertura do Congreso Nacional Galego dos socialistas, a modo de recoñecemento á súa figura. Pero naqueles intres xa non estaba para iso e non puido acudir ao congreso como tradicionalmente facía.

Hoxe os socialistas galegos recoñecemos a figura de Suso Mosquera. O seu compromiso, o seu traballo, os seus valores, tamén reflectidos na Fundación Luís Tilve. Galicia despide hoxe a un defensor dos traballadores e das traballadoras galegas, e iso recoñecémolo todos, porque este é un pobo de traballador@s.

__________________________

*Texto publicado en La Voz de Galicia o 14/02/2018

Encontro con Guillermo Fernández Vara sobre axenda política socialista, financiamento autonómico e políticas sociais.

Este luns mantiven unha reunión de traballo con Guillermo Fernández Vara, presidente de Estremadura, secretario xeral do PSOE Extremadura  e presidente do Consello de Política Federal do PSOE,  para abordar distintas cuestións de relevancia a nivel federal e para as dúas comunidades, así como para coñecer a súa experiencia de goberno polo miúdo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Os dous reivindicamos un modelo de financiamento autonómico que permita que tódolos cidadáns, con independencia de onde vivan, teñan os mesmos dereitos.

Déixovos o vídeo da rolda de prensa na canle de Youtube do PSOE Extremadura

E tamén podedes ver a noticia no Telexornal Galicia de TVE (Minuto 9.14) 

Outros enlaces á noticia:

Web do PsdeG

El Diario.es: Vara y el PSOE gallego exigen que todos los españoles tengan los mismos servicios