Celebración do Día Nacional de Galicia en Rianxo

O día 25  de xullo celebramos en Rianxo un novo Día Nacional de Galicia coa ofrenda floral a Castelao. Nesta ocasión estiven con Mari Carmen Figueira e o expresidente Emilio Pérez Touriño, quen recordou a figura de Castelao e a súa loita pola dignidade e a lingua de Galicia, pero tamén falou da difícil tarefa que temos por diante para ampliar liberdades e democracia. e facer unha Galicia máis grande.

Foi un día para celebrar o orgullo de ser galegos pero tamén para amosar o respaldo ás vítimas do accidente de Angrois.

Porque traballar pola xente, polos galegos e galegas  é o que nos distingue aos socialistas galegos.

Galicia é a nosa causa e o que nos move. É ente e é xente. Queremos unha Galicia de futuro, de vangarda, que dea oportunidades para todos e todas.A edición do Barbanza de La Voz de Galicia recollía así o acto.

Neste día, os e as socialistas de Galicia facemos 5 propostas para que cambie a vida dos cidadáns da nosa comunidade:

-Fronte ao PP dos recortes e a deterioración da sanidade, o compromiso socialista cunha sanidade pública, gratuíta e de calidade.

-Fronte a un PP que abandona ao medio rural, os socialistas avogamos polo equilibrio do territorio e o desenvolvemento dos concellos pequenos.

-Fronte a un PP que desmantela as políticas sociais e de dependencia, os socialistas queremos dereitos sociais e igualdade de oportunidades para tod@ s os galegos e as galegas.

-Fronte a un PP que deixa unha Galicia sen oportunidades de futuro e sen calidade no emprego, os socialistas requirimos salarios dignos e negociación colectiva.

-Fronte ao declive demográfico de Galicia, os socialistas apostamos por políticas económicas que dean posibilidades de vida á nosa mocidade.

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia recollía así o acto:

 

Socialismo Galego. A revista dos e das socialistas de Galicia

No primero Comité Nacional Galego celebrado despois do 13º Congreso Nacional do PSdeG, cumprindo o compromiso que asumín de dinamizar a vida interna da nosa organización, presentamos a publicación “Socialismo Galego. A revista dos e das socialistas de Galicia”.

Este número 0 trátase dunha iniciativa que ten vontade trimestral e que aspira a converterse nun medio para difundir as nosas propostas, ideas e valores; así como a actividade do PSdeG nesta nova etapa que vimos de encetar.

Esperamos que sexa un instrumento útil de comunicación, no que se vexan recollidas as nosas inquedanzas e iniciativas, en definitiva o noso traballo a prol de dar solución os problemas e arelas dos galegos e galegas.

Déixovos aquí un exemplar  REVISTA_PSDEG_web

E tamén podedes lelo picando na imaxe