Un novo PSdeG para cambiar GALICIA

IMG_20171004_125712

Estes son os dez eixos dun novo proxecto socialista galego para cambiar Galicia. Construamos xuntos un novo PSdeG:

IMG_20171004_125700

IMG_20171004_125706

30 Setembro e 1 Outubro: O Barco de Valdeorras, reunión coas XS de Galicia e encontros en Santiso e Lalín

O 30 de Setembro estiven en Valdeorras defendendo outra vez a sanidade pública como unha prioridade socialista. E o 1 de Outubro nunha reunión coas Xuventudes Socialistas de Galicia en Santiago de Compostela. Diálogo positivo e constructivo co futuro do socialismo. Despois encontro en Santiso. E o día remata en Lalín falando do PSdeG que queremos para cambiar Galicia. Moitas grazas. Seguimos!

28 Setembro. Rianxo e Pontevedra

O acto de Pontevedra estivo a rebosar. Moitas ganas e ilusión. Moit@s militantes comprometidos cun PSDEG forte, renovado, sen tutelas, galego e galeguista, capaz de liderar unha alternativa de esquerdas no país…. e para eso imos impulsar un cambio de abaixo a arriba.

Moitas gracias tamén polo apoio a@s compañeir@s de Rianxo. Moi satisfeito. Seguimos avanzando… adiante!

Contando cos máis de dez mil militantes do socialismo galego.