Entrevista en La Región: “Somos unha opción sólida e viable para a maioría que ve que Galicia non vai ben”

 

Gonzalo Caballero, secretario xeral del PSdeg

Creo que conseguimos visualizar de novo un PSdeG activo e dinámico, que pode configurar unha opción fiable para unha maioría social de galegos que ven que Galicia non vai ben.

Estamos vivindo tempos distintos, boa parte deles marcado pola nova etapa con Pedro Sánchez. O PSdeG está demostrando que sabe conseguir una opción política sólida, que non supón un experimento cara ningures senón que é unha opción viable.

Hai un retroceso electoral moi claro do PP en España e Galicia, evidenciando que se abre un novo tempo que nos permite recuperar a conexión co electorado e gobernar agora España e traballar para facelo en Galicia.

As medidas socialistas son máis necesarias que nunca nun lugar como Galicia, con recortes nos servizos públicos, debilitamento do sector productivo, abandono do rural, sen dinamismo demográfico. Ese é o balance de Feijóo, un mal presidente para Galicia.

Ademais destes pequenos extractos da entrevista que me fixo Pablo Galán para La Región podedes lela completa nesta ligazón ou neste documento: Caballero_ _Somos unha opción sólida e …aioría que ve que Galicia non vai ben_

Socialismo Galego. A revista dos e das socialistas de Galicia

No primero Comité Nacional Galego celebrado despois do 13º Congreso Nacional do PSdeG, cumprindo o compromiso que asumín de dinamizar a vida interna da nosa organización, presentamos a publicación “Socialismo Galego. A revista dos e das socialistas de Galicia”.

Este número 0 trátase dunha iniciativa que ten vontade trimestral e que aspira a converterse nun medio para difundir as nosas propostas, ideas e valores; así como a actividade do PSdeG nesta nova etapa que vimos de encetar.

Esperamos que sexa un instrumento útil de comunicación, no que se vexan recollidas as nosas inquedanzas e iniciativas, en definitiva o noso traballo a prol de dar solución os problemas e arelas dos galegos e galegas.

Déixovos aquí un exemplar  REVISTA_PSDEG_web

E tamén podedes lelo picando na imaxe

Comité Nacional Galego

 

Hoxe o PSdeG celebrou o seu Comité Nacional Galego que non se reunía desde hai dous anos. Era convinte facelo e fixémolo en canto os seus membros foron elexidos nas agrupacións locais.

Impulsamos un partido màis forte como alternativa á dereita, e así o espuxen na miña intervención. Recuperamos o debate e aprobamos por aclamación resolucións políticas en defensa das pensións dignas, a sanidade pública, a igualdade entre homes e mulleres, e dos/as  traballadores/as na xustiza.

Tamèn reprobamos a Feijoo pola súa falta de sensibilidade municipal frente ao acordo que permite que os concellos podan utilizar os aforros cando están saneados, liderado polo presidente da FEMP.

E tamén por aclamación cubrimos os postos da executiva e aprobamos a comisión nacional de listas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Moi bo ambiente. Un partido de militantes ao servizo de Galicia.

Grazas a todas e todos polo voso apoio.

________________________________

*Todas as fotos deste CNG podedes velas na miña páxina de Facebook

Sen xente nova, Galicia perde

Un país que se queda sen xente nova non é un país que vaia ben. Nin que poida garantir a sustentabilidade do seu modelo a longo prazo.

Se non cambiamos, a Galicia do século XXI terá menos xente e, en todo caso, máis maior. As taxas de natalidade e fecundidade son especialmente baixas e, a medida que a pirámide se invirta, as galegas terán máis anos e menos capacidade de ter fillos. Mentres, é moita a xente nova que busca o futuro fóra do país, polo que nacen moitos menos nenos en Galicia que hai pouco tempo.

Por iso necesitamos un impulso demográfico en clave de país para as próximas décadas, e isto non se pode arranxar simplemente cunha lei. Fai falla diagnóstico e visión estratéxica para mudar a evolución demográfica, e aí a política vai ter que xogar un papel clave como factor de cambio do modelo económico, social e laboral. Ou cambiamos, ou perecemos.

Temos que apostar por outro modelo económico e social, que estea ao servizo da cidadanía e que incentive a natalidade, valorando (e primando) socialmente o feito de ter fillos. Trátase dun modelo económico e laboral que posibilite economicamente á cidadanía ter descendencia, e de tomar decisións políticas que favorezan a natalidade.

Haberá que asumir que ter fillos é unha necesidade para o futuro do país, pero para iso temos que impulsar un modelo económico e laboral que permita emprego e salarios dignos, e tamén políticas sociais que apoien decididamente a quen teñen fillos. En definitiva, para un impulso demográfico necesitamos política económica activa, política de medio rural e políticas sociais que favorezan que a xente nova se poida quedar en Galicia e ter fillos en condicións dignas, e contar cun estado do benestar que apoie esa decisión cos servizos públicos.

Necesitamos un novo modelo económico e social para unha Galicia máis dinámica, tamén no eido demográfico. Unha Galicia con futuro permitirá aos máis novos quedar no país e ter fillos, e incluso abrirse a xente nova doutros países ou doutras zonas de España. Para que en Galicia haxa futuro.

_________________________________

*Artigo publicado en La Voz de Galicia o 26/02/2018