Acerca de min

Son Gonzalo Caballero Míguez. Nacín en Ponteareas o 9 de xaneiro do ano 1975. Son licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais con Premio Extraordinario ao primeiro de promoción.

Son Doutor en Economía pola Universidade de Vigo e Doutor en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e fun Visiting Scholar na Washington University en St. Louis, na University of California in Santa Barbara e na University of California in Berkeley, entre outras.

Teño publicado máis dun centenar de traballos académicos en diversas revistas científicas nacionais e internacionais, e quince obras académicas. A miña última obra editada foi o libro State, Institutions and Democracy (Springer, 2017, editado con Norman Schofield).

Son Secretario Xeral do PSdeG, así como membro do Comité Federal e do Consello de Política Federal do PSOE.

Enlaces biográficos:

Gonzalo Caballero, wikipedia

Gonzalo Caballero: artículos, colaboraciones, documentos, libros