O Comité Nacional Galego

Hoxe celebrouse un novo Comité Nacional Galego, o segundo desde que son secretario xeral do PSdeG e non podía comezar sen lembrar aos compañeiros que perderon a vida nos últimos meses, entre eles quen fora secretario xeral, Xosé Luís Rodríguez Pardo; o líder da UGT Galicia durante 25 anos, Suso Mosquera; e o exdeputado e ex delegado do Goberno en Galicia Miguel Cortizo.

Para eles foi o emotivo aplauso deste Comité Nacional Galego.

Na miña intervención fixen un pequeno análise da situación política cun respaldo ao “paso adiante” de Pedro Sánchez que nos fixo recuperar o protagonismo político cunha nova maioría de cambio con decisións do novo goberno socialista que unha gran parte da sociedade estaba esperando, como a supresión do copago farmacéutico, o programa contra a pobreza infantil, a recuperación do carácter universal da sanidade, a aposta polo diálogo social para mellorar os salarios e a acollida aos migrantes do buque Aquarius

Somos a esquerda e o demostramos nas nosas accións, que reconcilian a política coa sociedade, dando avances para a maioría.

Temos que  aproveitar este impulso da nova situación política para manter o partido forte de cara ás próximas citas electorais, nun escenario no que o resto de partidos están desnortados e sen folla de ruta.

Polo tanto Feijóo ten que tomar nota de que foi a ausencia de asunción de responsabilidades o que rematou coa carreira política de Rajoy e que a súa complicidade co nomeamento da irmá dun alto cargo do PPdeG para a oficina do Valedor do Pobo, pon en xogo a súa credibilidade na loita contra a corrupción.

Nós temos a prioridade social que non ten o PP e a capacidade de xestión que non teñen outras forzas, e debemos recalcar o compromiso municipal do PSdeG e  comprométome que a traballar para poñer a mellor candidatura en cada concello.

O cambio que necesita Galicia comeza cun traballo intenso nas vindeiras municipais que permita chegar co partido reforzado á cita das xerais e as autonómicas.

Agradezo as intervencións dos compañeiros e compañeiras que coas súas opinións axudan a que o PSdeG sexa mellor e máis forte despois de cada Comité Nacional

É o momento da ilusión, do compromiso e do fortalecemento do mellor PSdeG entre todos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.