Unha política económica ao servizo do país

Encontro cos periodistas na sede do PSdeG

Os socialistas defendemos a necesidade de aproveitar o crecemento da economía para reactivar e dinamizar a comunidade e que a saída da crise chegue a todos os galegos; unha materia que Feijóo ten suspensa porque só se adica a axustar contas no canto de deseñar unha política económica ao servizo do país.

Feijóo ten que rectificar o “fracaso” da súa política económica e comenzar a traballar para sacar adiante outra “máis efectiva. Está centrado na cuestión facendística, coa consolidación fiscal e o axuste de contas como único “leit motiv” pero ten unha política de emprego sen rumbo que deixa tras de si emprego precario e baixos niveles salariais e que deriva en que o mellor escenario para moitos galegos sexa chegar a ser “mileurista”.

Fronte a iso, somos partidarios de fomentar a actividade industrial, de apostar polo I+D+i e de impulsar a Galicia interior, co obxectivo en mente de mellorar a calidade de vida dos galegos.

Estableceremos unha liña de traballo para impulsar ese cambio na política económica da Xunta. E para iso poremos en marcha en breves datas un dos compromisos cos que gañéi as primarias do PSdeG: a creación dun think tank do que sairán as mellores ideas e se poñerán ao servizo do país  e nel terá especial protagonismo o “eixo económico”.

“O PSdeG vai liderar os plantexamentos para a Galicia do futuro”

Telexornal Galicia (19/01/2018)